Contacontos con arte

Camilo Seira e Iolanda Eiras somos Vivir do Conto. Dous amigos que no transcurso da vida vimos e fumos, para agora unirnos da man do arte. Fundimos as nosas ilusións e creacións dando lugar a unha estética do espectáculo onde se combina o arte da escultura e do debuxo coa música e a tradición oral.

Camilo Seira é un creador artístico que xoga con diferentes materiais para representar con volume a realidade que o rodea. Emprega mitos, lendas e tradicións da Galicia rural ancestral vista dende un prisma actual.

Moitas veces enténdese o traballo coma unha obriga. Para nós é unha oportunidade de ser nós mesmos, partindo da nosa desnudez e o compromiso co que amamos.

Dende o mais auténtico do noso ser, onde disfrutamos do proceso de facer e compartir, achegámosvos estes dous espectáculos. Esperamos que os poidades desfrutar tanto coma nós.

A Árbore Calada

No bosque de Fureña todas as árbores falan. Todas agás unha...

Ante este misterio, as meigas, lobishomes, biosbardos e o resto das criaturas do bosque, deciden investigar qué segredo agocha esta árbore tan singular e axudala a recuperar a súa voz. ¿Poderán conseguilo?

Esta historia fálanos das emocións, do medo que chega a bloquearnos e da necesidade do grupo como forza para superarnos.

No trasfondo da historia tamén atopamos o amor e coidado da natureza, e a conciencia de que somos parte dela.

Somos da terra, ¿qué has facer?

Adila

Adila, en árabe “a mais xusta”, é unha muller que loita pola xustiza no seu pobo.

Esta historia desenvólvese en Arabuf, un lugar onde non se respecta o consumo da auga e é por isto que periga a vida da rexión.

Adila vese abocada a correr varias aventuras para devolver o seu pobo á vida e loitar contra a forza do tirano que o rexenta. Todo ca axuda do seu camelo Centello.

Un conto ambientado con música en directo e o apoio visual da arte do debuxo en area. Un fermoso espectáculo sensorial que che transportará a lugares exóticos.

abubilla3

Levamos o espectáculo connosco

¿Queres que levemos o espectáculo onda ti?

Copyright 2019 Iolanda Eiras | Ilustración por Camilo Seira, deseno e desenvolvemento por Berta Capdevila a partir do tema Astra.