Iolanda Eiras

Ola, son Iolanda

Cantante, autora de contos e contacontos. Tamén son mestra de música e movemento, directora de coro e imparto clases de piano. Gústame achegar a música ás persoas a través do gozo e integrar todos os sentidos na experiencia. O acompañamento emocional é unha parte fundamental da miña labor. Traballo con crianzas e adult@s, de forma individual ou en grupo. Tamén desfruto colaborando con outr@s artistas.

abubilla4

Espectáculos

Contacontos, espectáculos musicais, concertos… Aquí podes atopar unha mostra do meu traballo.

A árbore calada

No bosque de Fureña todas as árbores falan. Todas agás unha. Acompaña aos seres mitolóxicos do bosque para axudala a recuperar a súa voz. Historia, música en vivo, espectáculo de sombras e escultura en vivo. ¡Coa participación das crianzas!

Adila

Nun pobo ameazado pola sequía, a moza Adila loita por devolver a xustiza ao seu pobo coa axuda do camelo Centello. Un conto convertido en espectáculo con música en vivo e a arte do debuxo na area.

Consultas, propostas, dúbidas... escríbeme e respóndoche de contado.

tortuga-4

Copyright 2019 Iolanda Eiras | Ilustracións por Camilo Seira, deseño e desenvolvemento por Berta Capdevila a partir do tema Astra.